Skip to Content

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2022 (4º E.I.)

O 8 de marzo, con motivo da conmemoración do día da muller traballadora, realizamos diversas actividades na aula.

Comezamos a mañá destinando un ratiño a falar sobre os traballos que as mamás e avoas realizan tanto na casa como fora de ela; e lles explicamos que non fai moitos anos as mulleres non podían facer calquer tipo de traballo e incluso traballar fora da casa non era posible para moitas.

Máis tarde visualizamos o vídeo de Super Lola, unha nena valente, decidida, divertida,....que soña con que tanto as nenas como os nenos podan ser libres para elexir e facer o que máis lles guste.

 

Encantounos!!! Por iso quixemos pintar un debuxo dela, que despois pegamos nun folio de cor morada; a cor coa representamos esta conmemoración.

 

Aproveitamos a ocasión para facer una manualidade para levar a casa e regalarlle a unha muller importante da súa vida. Esto serviunos para achegarnos e coñecer o número 8, a cor da cartolina e traballar a psicomotricidade fina picando os círculos interiores do 8. Quedoulles precioso!! e fixérono con moita ilusión.

Tamén con motivo desta conmemoración, o concello de Arteixo quixo agasallalos pequenos cun exemplar do conto "Os bolechas visitan o CIM de Arteixo" (Centro de Atención a Muller).

Xa para rematar cada neno/a levou para casa un pequeno relato sobre unha muller influente neste mundo; esperamos que vos gustara e que disfrutárades de leerllo e compartilo con eles.

Como vedes fixemos algunhas actividades moi específicas para conmemorar este día; pero cada día na aula traballamos para que todos sintan que son libres de ter os gustos que teñen, que poden facer e tentar conseguir aquilo que desexen, independentemente do seu sexo.

Un saúdo.



page | by Dr. Radut