Skip to Content

O NÚMERO 7

Boas familias,

Xa levamos unhas semanas coñecendo o número 7 e acercándonos a él en profundidade.

Como vos contarian algunha vez sempre iniciamos o coñecemento dun número gracias ao noso amigo CHARLIE.

 

Esta semana estivemos facendo distintos xogos e actividades para traballar a súa descomposición, algo que pareceme moi importante xa que lles permitirá posiblemente nun futuro ter un cálculo mental moito mellor e axudarlle a razoar algunhas operacións dun xeito máis sinxelo e rápido. Ademais a través da descomposición seguimos traballando os números anteriores e estamos en constante revisión.

Comparto con vos algunhas fotos dunha actividade na que usamos as regletas para construir os distintos pisos da casa do 7 e outras na que empregamos unha especia de ficha de dominó para completar con bolas de plastilina ambos lados.

 

Xa vedes que son moi traballadores!!

Un saúdo

Mireya

 



page | by Dr. Radut