Skip to Content

NOVOS MATERIAIS PARA OS RECUNCHOS!!

Bos días familias,

Queríamos compartir con vos os novos materiais que temos para xogar.

Intentamos sempre relacionar a temática do proxecto coas distintas actividades que se fan na aula, incluidos os xogos.

Procurando así traballar distintos obxectivos, neste caso:

- Reforzar o traballado no proxecto (insectos).

- Asimilar conceptos matemáticos: recoñecemento de números, cantidades, grafías,...

- Mellorar a motricidade fina a través da manipulación, uso de pinzas,...

Esperamos que vos gusten.

Un saúdo

Mireya



page | by Dr. Radut