Skip to Content

SAMAÍN!!

Aquí tendes un vídeo con fotos dalgunhas das actividades que fixemos para celebrar este Samaín, un tanto atípico.

Os días previos os nenos e nenas fixeron algunhas manualidades para decorar, ademais das súas máscaras de cabaza, que lle recordaban moito a un conto que lles encanta e que tamén vimos, por suposto: CORRE, CORRE CABACIÑA.

As merendas que fixeron con vos na casa estaban xenial e eles moi entusiasmados por ensinarllas aos demais e por comelas!!

Coa maxia do Samaín fixemos unha poción que nos permitiu desfacernos para sempre dese personaxe que tantos dores de cabeza nos traía no confinamento, O ROSTRO MISTERIOSO. A nosa poción levaba ingredientes especiais: patas de cempés, escamas de peixe voador, follas de árbore morta, corazón de fada, baba de caracol brillante,....

Empregramos a app Swap Face live para transformar a nosa cara noutra un pouco más terrorífica e facer unhas postais de recordo para a casa.

A pesar das diferencias con respecto a outros anos, os seus disfraces eran igual de chulos que sempre e eles creo que o pasaron moi ben.

Deixovos o vídeo a continuación.

 

Un saúdo.

MIreya



page | by Dr. Radut