Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias: 

Esta semana  e xa sólo nos queda outra  e acabamos ... un esforzo máis!!

Esta semana seguimos co traballo nos libros aproveitando que os temos e que temos atrasado pero moitos dos contidos xa os traballados dunha maneira ou outra.

Xa sabedes que se tendes calquer dúbida nola podedes consultar polo correo, estamos a vosa disposición.

As tarefas desta penúltima semana son:

 

LUNS 8 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: repaso do DIÑEIRO ( moedas e billetes ) pax.160 e 161.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: LECTURA E COMPRENSIÓN páxinas 146-147 e 148.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: comezamos un novo tema O MUNDO QUE NOS ARRODEA páxinas 76 e 77. A auga en estado líquido, sólido e gasoso.

- En VALORES: veremos un corto PÁJAROS. e un pequeno traballo para facer despois de visionar o corto.PREGUNTAS.

 

MARTES 9 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: seguimos co repaso do DIÑEIO E DOS CORPOS XEOMÉTRICOS. páxinas 162 e 163.

- En LINGUA CASTELÁ: repasaremos o VERBO, que xa o vimos co análise das oracións, páxina 149 e o repaso da páxina 142.

- En LINGUA GALEGA: LECTURA E COMPRENSIÓN  das páxinas 146-147 e 148.

- En CIENCIAS SOCIAIS: faremos un repaso nas páxinas 66 e 67. Ademáis empezaremos un novo tema ler e respostar a unhas preguntas , páx72 e 73 COMO É A AUGA. Como xa o vimos en ciencias da natureza é moi similar.

 

MÉRCORES 10 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: hoxe tócalle a un pequeno CÁLCULO MENTAL na páxina 164 e a un novo tema O CALENDARIO nas páxinas 166 e 167, é moi faciliño.

- En LINGUA CASTELÁ: BR- BL páxinas 150 e 151.

- En LINGUA GALEGA: ao igual que vimos en lingua castelá onte, hoxe repasaremos O VERBO en galego, páxinas 149 e as palabras con X das páxinas 150 e 151.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: O AIRE, páxinas 78 e 79 e as FORZAS DO MOVEMENTO páx 80 e 81.

 

XOVES 11 E XUÑO:


- Na área de MATEMÁTICAS: TÁBOA DO 7 nas páxinas 168 e 169.

- En LINGUA CASTELÁ: O POEMA, páxinas 152 e 153.

- En LINGUA GALEGA: O CÓMIC  que tamén o traballáramos, páxinas 152 e 153.

- En CIENCIAS SOCIAIS: O CICLO DA AUGA, tamén xa visto páxinas 74 e 75, AUGA DOCE E SALGADA páx.76 e 77. Aquí vos deixamos un VIDEO SOBRE O CICLO DA AUGA.

 

VENRES 12 DE XUÑO:

- Na área de MATEMÁTICAS: A SIMETRÍA, tamén traballada en moitas ocasións e a TÁBOA DO 8 , páxinas 170-171 e 172.

- En LINGUA GALEGA: ELABORAMOS UN CARTEL E REPASO DA UNIDADE, páxinas 154-155 e 156.

- En PLÁSTICA: AS CENEFAS, seguiremos o exemplo dado para rematar as cenefas dadas, e logo pintarémolas. CENEFA 1 E CENEFA 2

AdxuntoTamaño
pajaros-pixar.pdf544.33 KB
Dibujos-de-cenefas-3.pdf162.2 KB
Dibujos-de-cenefas-4.pdf162.52 KB


page | by Dr. Radut