Skip to Content

TAREFAS MARTES 26 DE MAIO

Boas familias!
 
Coa entrada na fase 2, a consellería permite acudir aos centros educativos a recoller material, polo que desde o centro determináronse os días en que as familias poden ir recollelo. Para 5º E. P, o día que lle corresponde é o mércores 27 de maio, en horario de 10-12 h, cumprindo todas as medidas de seguridade.
 
As tarefas para hoxe son as seguintes:
MATEMÁTICAS= páxina 53, exercicios 1, 2 e 3.
LINGUA CASTELÁ= páxina 63, exercicios 5, 6, 7, 8 e 9. Vemos o segundo vídeo do verbo e a frase para analizar é a seguinte: " Vosotros hicisteis la reserva del hotel ayer"
LINGUA GALEGA= páxina 74. Norma ortográfica: uso do guión. Exercicios 1, 2 e 3.
CIENCIAS NATURAIS= a semana pasada empezamos co tema dos ecosistemas. Vimos o vídeo de happy learning e tiñamos que ler a páxina 72 e 73.
Contestamos no caderno as seguintes preguntas:
- Que é un ecosistema?
- Que dous compoñentes hai nun ecosistema?
- Que é o compoñente vivo? - E o inerte?
- Como se agrupan os seres vivos? Explica cada un deles.
Tamén lemos a páx 74, e tentamos facer o esquema das relacións nos ecosistemas.
 
Para corrixir as tarefas, picade sobre as materias: mates, lingua castelá e lingua galega.
 
 
 
NOTA IMPORTANTE: como o mércores vou estar no cole, non imos ter sesión de skype e pasámola para o xoves.
 
AdxuntoTamaño
solucionario matematicas tercer trimestre-13.pdf102.99 KB
solucionario lengua tercer trimestre-22.pdf80.13 KB
464427_Soluc Cuad Lingua 5-3 SH-17.pdf287.75 KB


page | by Dr. Radut