AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020-21.
Estimadas familias:
A Consellería acaba de publicar a Orde que convoca as axudas de libros de texto, fondolibros e material escolar para o vindeiro curso.
O prazo vai desde o 20 de maio ao 19 de xuño, incluidos.
As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web en dito prazo:
Fondolibros (Para cubrir a solicitude)
Chave365 (Para entregala, xunto ca documentación aportada)
Dadas as excepcionais circunstancias que estamos a pasar, de non ser posible facelo por internet, tamén se poderán presentar na Secretaría do centro, solicitando CITA PREVIA no teléfono 881 880 214 ou escribindo a ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es
O HORARIO DE ATENCIÓN será de 9:30 a 12:00 horas.
Se fose preciso, nese horario pódese vir recoller (sen cita) a solicitude para poder presentala posteriormente (con cita). Para calquera outra cuestión chamade ou escribide.
Solicitude de axudas libros, material escolar e fondolibros.
NOTA: O alumnado de 6º de Primaria deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou no instituto que sexa admitido.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo I axudas libros.pdf | 558.82 KB |
circular axudas libros e material escolar 20-21.pdf | 142.08 KB |