Skip to Content

A TELEVISIÓN A NOVA AULA VIRTUAL

A televisión convértese en aula virtual

TVE estreou este luns unha plataforma de aprendizaxe na casa para estudantes de 6 a 16 anos e un programa de exercicio físico co profesor de «OT».
 
As emisións de Clan estarán reservadas para o grupo de 6 a 8 anos de 9.00 a 10.00 horas.
Na 2 o espazo Muévete en casa, que estará conducido polo profesor de fitness de Operación triunfo Cesc Escolà, que axudará a todos os cidadáns a coidar a súa forma física desde o fogar.
 
Boing,a canle infantil de Mediaset, tamén lanzará o luns unha proposta educativa centrada na aprendizaxe do inglés.
 
Tamén a segunda canle da TVG emitirá contidos educativos de luns a venres.


page | by Dr. Radut