BURBUJAS DE PAPEL

 Mércores, 6 de febreiro. ED. Infantil foi ver:

Ganadora do Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feira de Teatro de Castilla-León (Cidade Rodrigo). Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha hada travesa que lle axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo

 

 

 

Antes de ver a obra o alumnado asistiu a unha visita ao Café Moderno.

Alí contáronlle o conto de A Galiña Azul, faláronlle dos persoeiros famosos da vila de Pontevedra e ata colorearon a careta do loro Ravachol.

 

De camiño para o autobús tamén poidemos disfrutar dos columpios da alameda.

 

 

GUYI - GUYI

Xoves, 25 de abril o alumnado de ED. Infantil foi ver GUYI - GUYI.

Guyi-Guyi é un cocodrilo que, por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-Guyi vive feliz coa súa familia ata que un día pérdese e atópase cun cocodrilo. Cando se decata que os cocodrilos comen patos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.
A través do xogo e o humor buscamos reflexionar sobre o medo á diferenza e aos prexuicios que arroxamos sobre aquilo que se comporta de xeito distinto ao que esperamos.


 

CURSO 2018 -19

Aquí vos deixamos un video resumen do curso que remata. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. FELIZ VERÁN!!!!!!!!!!!