A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) puxo en marcha o concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
O obxectivo do concurso foi facer partícipes aos máis novos neste proceso e coñecer a súa visión e expectativas sobre como a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos dez anos a través dun debuxo.
Noa Digón de 5º de primaria, foi a gañadora cun debuxo sobre a cura do cancro. Os nosos parabéns para ela e que disfrute do merecido premio, unha tablet!