Skip to Content

 

                           

Ed. Primaria

Busca do tesouro 3º e 5º

 

Dende a Biblioteca organizamos diferentes buscas do tesouro para o alumnado do centro, aquí podedes ver aos alumnos de 3º e 5º resolvendo as súas. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Busca do tesouro 3º e 5º

Busca do tesouro 1º e 2º

Dende a Biblioteca organizamos diferentes buscas do tesouro para o alumnado do centro, aquí podedes ver aos alumnos de 1º e 2º resolvendo as súas. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Busca do tesouro 1º e 2º

Radio na biblio

Esta semana os alumnos de 5º e 6º participaron nunhas xornadas de "Radio na Biblio" incluído no PLAN LÍA, onde estamos a participar coa finalidade de fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias, e poida formarse no uso crítico dos mesmos, debendo contribuír as bibliotecas escolares a facer efectivos os principios pedagóxicos referidos á lectura.

Ao renovarse e activarse, confirmámonos como aceleradores da innovación educativa. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Radio na biblioteca

Visita a El Progreso e MIHL

A pasada semana os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria fixeron unha saída para visitar El Progreso, o MIHL e ata lles quedou tempo de pasar un anaquiño de tempo de ocio.  Pasárono xenial! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Saída Progreso/MIHL

ADACE

A semana pasada tivemos a sorte de que nos impartisen unha xornada de sensibilización dende a asociación de ADACE Lugo, entidade sen ánimo de lucro creada por familiares e persoas afectadas de dano cerebral adquirido.   

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> ADACE
Distribuir contido


by Dr. Radut