Skip to Content

BRAVAS

Dende 7H Cooperativa Cultural comparten esta publicación, creada con moito agarimo e #creatividadecooperativa, para que, tanto durante o confinamento coma despois del, grandes e pequenas descubramos a mulleres referenciais, sen prexuízos nin estereotipos de xénero.

"BRAVAS: científicas e artistas galegas da nosa historia" contén unha selección de láminas ilustradas con figuras colorables e recortables de dez galegas de recoñecida traxectoria en distintos eidos da ciencia, a arte e a cultura. Cada unha das nosas bravas protagonistas está acompañada dun breve texto, destinado a lectoras adultas, para facilitar a aproximación ás biografías de senlleiras personaxes femininas de distintas etapas da nosa historia.

Agardamos que lle poidades sacar bo proveito! 

 

 Podedes descargar o PDF nesta ligazón ou picando na seguinte imaxe: https://cutt.ly/ftH6se6



 

                           

page | by Dr. Radut