Saltar navegación.
Inicio

Admisión de novo alumnado para o curso 2018/2019

            Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2018/2019.

          A solicitude (procedemento ED550B), pódese recoller no centro educativo; cumprimentar e imprimir o anexo II , na aplicación admisionalumnado ou cumprimentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

            Acompañando á solicitude temos que presentar a seguinte documentación:

-       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da familia se no formulario de solicitude denega a súa consulta.

-       Copia do documento acreditativo da idade do alumno (DNI, Libro de familia, Certificado de nacemento...)

-       Se un alumno cambia de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro no que estea matriculado no curso 2017/2018 ou un documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

-       Copia do convenio regulador ou disposición xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

            A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

            Nos demais casos, requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

            Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. En caso afirmativo, abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (10 días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo da solicitude).

                  Lexislación do procedemento de admisión:

 

Prazas vacantes para o curso 2018/2019

Educación Infantil

Educación Primaria

4º Educación Infantil

25*

1º Primaria

1**

5º Educación Infantil

2

2º Primaria

1

6º Educación Infantil

6

3º Primaria

4

 

 

4º Primaria

2

 

 

5º Primaria

25

 

 

6º Primaria

24

 

* Reservaranse 3 prazas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

    ** Reservarase 1 praza para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.