Saltar navegación.
Inicio

PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS CURSO 2018 – 2019

       O próximo xoves, 1 de febreiro ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza do alumnado de 6º curso de primaria que vai cursar 1º da ESO no centro adscrito (IES Terra de Soneira). O prazo para facer a reserva será do 1 ao 15 de febreiro e pode realizarse elixindo unha das seguintes formas:

  • Cubrindo a solicitude que se mandará a casa e entregándoa na secretaría do centro (no CEIP San Vicenzo).
  • Cubrindo a solicitude online , imprimíndoa e presentándoa no centro.
  • Cubrindo a solicitude da reserva directamente na aplicación admisionalumnado

        O alumnado que NON vaia a realizar a matrícula no IES Terra de Soneira, deberá realizar a solicitude de admisión no centro ao que decida optar. O prazo para esta solicitude será do 1 ao 20 de marzo.

  • Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e do centro de orixe.

    Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión.

  • Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esa circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro de orixe.

    O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo), e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo.