Saltar navegación.
Inicio

O RECUNCHO MÁIS BONITO DE VIMIANZO

Ao longo do segundo trimestre levamos a cabo o proxecto titulado O recuncho máis bonito de Vimianzo. O alumnado participou achegando o seu lugar favorito cunha fotografía ou un debuxo xunto cunha breve explicación da súa escolla.

A continuación recompilamos unha selección destes traballos no seguinte mapa interactivo. Se pinchades en cada punto de cor verde, podedes acceder á información do mesmo.

 

 

Acceso ao mapa interactivo

 

O obxectivo desta iniciativa foi poñer en valor o patrimonio natural e cultural do concello de Vimianzo coas achegas da comunidade escolar.

Queremos agradecerlle ás familias a súa colaboración para poder levar adiante esta actividade.

 

 

Selección de traballos