Saltar navegación.
Inicio

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/2018

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO  PARA O CURSO 2017/2018

O 1 de marzo ábrase o prazo para a solicitude de praza no CEIP San Vicenzo para o curso 2016/2017. Os nenos que estiveron xa matriculados no curso 2016/2017 e seguen no centro no curso 2017/2018 non necesitan tramitar a admisión nin a matrícula.

Pode presentarse a solicitude cuberta á man ou pódese cubrir en internet (ver enlace máis abaixo), imprimir e presentar no centro.

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. Neste último caso abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (dez días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitude).

A listaxe provisional de admitidos e non admitidos se exporán no taboleiro de anuncios do centro antes do 25 de abril e a definitiva antes do 15 de maio.

A información colgarase no taboleiro de anuncios do centro. Os impresos e a información pódense conseguir na secretaría do centro, ou descargar dos enlaces a continuación:

Impreso de solicitude (Anexo II):

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/3anexos_formateadois_ed550b_g.pdf

Orde do 25 de xaneiro polo que se regula o proceso de admisión:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Aplicación informática para crear a solicitude de admisión. Se se cubre aquí hai que imprimila, asinala, e presentala no centro correspondente:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21031

O horario de Secretaría do CEIP San Vicenzo é de 12:10 a 13:00 de luns a venres.

Prazas vacantes para o curso 2017/2018:

4º Educación Infantil --> 25 (das que se reserva 3 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

5º Educación Infantil --> 4

6º Educación Infantil --> 2

1º Educación Primaria --> 2 (das que se reserva 2 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

2º Educación Primaria --> 5

3º Educación Primaria --> 2

4º Educación Primaria --> 23

5º Educación Primaria --> 23

6º Educación Primaria --> 16

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (2017/2018)

 

RECOLLIDA E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN: Secretaría do Centro.   De 12:10 a 13:00

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da familia se no formulario de solicitude denega a súa consulta.

2. Documento acreditativo da idade do alumno (DNI, Libro de familia, Certificado de nacemento...)

3. Certificado de matrícula do centro no que estea matriculado no curso 2016/2017 ou outro documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos  en cada nivel educativo ou etapa. No caso dos alumnos que entran en 4º curso de ducación Infantil non se aplica.

4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se fose o caso.

PRAZO: do 1 ao 20 de marzo.

 

 

MATRÍCULA (2017/2018)

 

RECOLLIDA E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN:      Secretaría do Centro.   De 11:10 a 12:30

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

1.    Impreso de matrícula.

2.    Enquisa de relixión.

3.    Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).

4.    Impreso de Transporte Escolar se o neno vai usar ese servicio (se fose o caso).

5.    Dúas fotografías tamaño carné.

6.    Certificado de empadroamento no que aparezan tódolos membros da unidade familiar (pídese no Concello).

7.    Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.

8.    Impreso de autorización de publicación de imaxes (Recóllese na Secretaría).

9.    Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar.

10.  Impreso de lingua materna (3º de Ed. Infantil)

 

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño.