LISTAS PROVISIONAIS DE ASIGNACIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017
As listas provisionais indican o reparto de libros existentes no fondo solidario. Todas as solicitudes foron admitidas. Non hai solicitantes excluídos do fondo solidario.
O reparto faise por lotes e de acordo coa renda per cápita dos solicitantes.
Ábrese un período de 48 horas para presentar reclamacións sobre este listado. De non haber ningunha reclamación a lista será definitiva.
Esta listaxe aínda non inclúe as adquisicións complementarias de libros que debe efectuar o centro para garantir como mínimo 6 libros para as solicitudes con renda per cápita inferior a 4.500 € e 4 libros para as rendas inferiores a 9.000 €.
Algunhas solicitudes non teñen libros asignados na lista ou non chegan ao número que lles corresponde de acordo coa súa renda. Isto non significa que non se lles proporcionen libros se non que non os temos neste momento dispoñibles no fondo solidario do centro polo que será o centro quen os compre ata o número indicado de 4 ou 6 segundo a renda per cápita en cada caso.
Vimianzo, 14 de xullo de 2016
Para consultar as listas abrir os arquivos adxuntos "Lista provisional de admitidos" ou ""Lista definitiva de admitidos"
Lista provisional de admitidos.pdf
Lista definitiva de admitidos.pdf
.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Lista provisional admitidos.pdf | 126.65 KB |
Lista definitiva admitidos.pdf | 126.59 KB |