Saltar navegación.
Inicio

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2016/2017

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO  PARA O CURSO 2016/2017

 

O 1 de marzo ábrase o prazo para a solicitude de praza no CEIP San Vicenzo para o curso 2016/2017

Prazo de presentación de solicitudes:

do 1 de marzo ata o 29 de marzo

Documentación:

 

  • ·         Impreso de solicitude (Anexo II).
  • ·         Copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia onde está inscrito (indistintamente).

 

Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. Neste último caso abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (dez días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitude).

Os impresos e a información pódense conseguir na secretaría, no taboleiro de anuncios do centro ou descargar dos enlaces a continuación:

Impreso de solicitude (Anexo II)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 

O horario de Secretaría do CEIP San Vicenzo é de 12:10 a 13:00 de luns a venres.

 

Prazas vacantes para o curso 2016/2017:

4º Educación Infantil --> 25 (das que se reservan 3 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

5º Educación Infantil --> 2

6º Educación Infantil --> 7

1º Educación Primaria --> 5 (das que se reservan 3 prazas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

2º Educación Primaria --> 28

3º Educación Primaria --> 0

4º Educación Primaria --> 23

5º Educación Primaria --> 13

6º Educación Primaria --> 19

 

Os alumnos admitidos tras rematar o proceso de admisión deberán formalizar a matrícula no centro do 20 ao 30 de xuño. Nesta ocasión terán que presentar na secretaría do centro a seguinte documentación:

 

  1. Impresos de solicitude. ANEXO III (pódese descargar do enlace publicado arriba (orde do 12 de marzo de 2013).
  2. Enquisa de relixión (tamén na secretaría).
  3. Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).
  4. Impreso de Transporte Escolar se o neno vai usar ese servicio (pódese recóller tamén na secretaría).
  5. Fotocopia do libro de familia (folla na que aparece o neno).
  6. Dúas fotografías tamaño carné.
  7. Certificado de empadroamento no que aparezan tódolos membros da unidade familiar (pídese no Concello).
  8. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.
  9. Impreso de autorización de publicación de imaxes (pódese recoller tamén na secretaría).
  10.  No caso de separación ou divorcio dos pais, sentenza xudicial na que figure o convenio regulador.                                                                                                                                 NOTA : en caso de divorcio ou separación será necesaria a sinatura dos dous proxenitores a non ser que a patria potestade estea atribuída só a un deles.
  11. Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar. (pódese recoller tamén na secretaría)
  12. Para os alumnos de 4º de Educación Infantil (3 anos): Enquisa sobre a lingua materna. (pódese recoller tamén na secretaría)