CONMEMORAMOS O 25 N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar o 25 de Novembro: "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero" traballamos mensaxes reivindicativas analizando o seu significado. Cada unha das 14 clases deste curso 2023/2024 plasmou a súa mensaxe nunha lousa de pizarra que, en colaboración co Concello, van ser colocadas nas 14 parroquias de Vimianzo.
Agradecemos a colaboración do Concello na achega das lousas e pola implicación na actividade.
Aquí tedes unha mostra do resultado do noso traballo: