RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2018
COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE ESCOLAR DO PROCEDEMENTO ELECTORAL
Mª ELIZABETH PREGAL POLLO, directora do centro e presidenta da Xunta Electoral en virtude do Decreto 92/1988, do 28 de Abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo sobre eleccións de representantes dos pais/nais de alumnos,-as no Consello Escolar do centro e en nome da Xunta Electoral citada:
DISPOÑO a seguinte convocatoria de eleccións para celebrar de acordo con:
1-Todos os pais, nais e titores legais dos alumnos matriculados no centro, atópanse inscritos no censo electoral que se expón publicamente no centro.
2-Serán electores todos os pais, nais ou titores inscritos no devandito censo.
3-Serán elixibles os,-as electores que presenten candidatura, de acordo coa seguinte normativa:
a)Presentación das candidaturas
-Prazo: ata as 13'30 h. do día 16 de Novembro de 2018.
-Lugar A dirección do centro
-Modo: Cubrir o impreso, que se dará na dirección do centro.
b)Proclamación dos candidatos
-O día 19 de Novembro exporase publicamente no centro e na páxina web a lista de candidatos.
4-O acto electoral desenvolverase de acordo coas seguintes normas:
a)Terá lugar no centro o día 27 de Novembro dende as 16 h. ata as 18 h.
b)O voto será directo, secreto e non delegable, acreditando a personalidade co D.N.I. ou outro documento que a Mesa Electoral xulgue suficiente.
c)A mesa electoral formarase por sorteo público no departamento de orientación do centro o día 19 de novembro ás 11:15. Estará composta pola directora do centro que actuará como Presidente e 4 pais/nais designados por sorteo entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade e ós que se lles mandará a correspondente citación .
5-Dado o número de unidades deste centro, procede elixir 2representantes; pola mesma razón, os electores deberán reseñar na papeleta de votación 2 candidatos.