Tras a reunión da Xunta Electoral do 12 de novembro nas instalacións do centro, a presidenta explica que:*Proclámanse dúas candidatas como representantes dos pais/nais.*Elíxense dúas candidatas para a renovación dos representantes no Consello EscolarVotación:-Horario: De 16'15h. 17:45h o martes 19 de Novembro de 2024.-Lugar: Comedor escolar
Todo o alumnado que fixo a reserva no instituto obtivo praza
Estas listaxes podedes consultalas polos seguintes medios: 1.- No taboleiro de anuncios do IES do Barral 2.- Entrando coa chave 365, certificado dixital o contrasinal de educación na aplicación de admisión: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ Unha vez dentro da aplicación deberán ir ao punto 2. solicitudes e dentro de solicitudes, as miñas solicitudes.
A ADMISIÓN pódese facer a través da aplicación"admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)o formulario normalizado (ED550B) ou de forma presencial na secretaría do centro onde terán a súa disposición o impreso de solicitude de admisión. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 de marzo e o 20 de marzo.
Só se poderá presentar a solicitude de admisión nun único centro, no caso de entregar en varios perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponder.
DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ NO CENTRO:
- Impreso de solicitude de admisión cuberto.
- Fotocopia da folla do libro de familia na que está inscrito a nena ou neno ou DNI do mesmo.