Skip to Content

CONVOCATORIA ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Mª ELIZABETH PREGAL POLLO, directora do centro e presidenta da Xunta Electoral en virtude do Decreto 92/1988, do 28 de Abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo sobre eleccións de representantes dos pais/nais de alumnos,-as no Consello Escolar do centro e en nome da Xunta Electoral citada:

DISPOÑO a seguinte convocatoria de eleccións para celebrar de acordo con:

1-Todos os pais, nais e titores legais dos alumnos matriculados no centro, atópanse inscritos no censo electoral que se expón no taboleiro de anuncios.

2-Serán electores todos os pais, nais outitores inscritos no devandito censo.

3-Serán elixibles os,-as electores que presenten candidatura, de acordo coa seguinte normativa:

a)Presentación das candidaturas

-Prazo: ata as 13'30 h. do día 12 de Novembro de 2021.

-Lugar A dirección do centro

-Modo: Cubrir o impreso, que se dará na dirección do centro.

b)Proclamación dos candidatos

-O día 16 de Novembro exporase publicamente no centro e na páxina web

a lista de candidatos.

4-O acto electoral desenvolverase de acordo coas seguintes normas:

           a)Terá lugar no patio cuberto do centro o día 23 de Novembro dende as16h ata as 18h.

           b)O voto será directo, secreto e non delegable, acreditando a personalidade co D.N.I. ou outro documento que a Mesa Electoral xulgue suficiente.

c)A mesa electoral estará composta pola directora do centro que actuará como presidente e 4 pais/nais designados por sorteo entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade e ós que se lles mandará a correspondente citación .          

5-Dado o número de unidades deste centro, procede elixir 2representantes; pola mesma razón, os electores deberán reseñar na papeleta de votación 2 candidatos,-as.

AdxuntoTamaño
SKM_C454e_C21110413340.pdf395.07 KB


blog | by Dr. Radut