PRAZO DENDE 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO, AMBOS INCLUIDOS.
Tedes toda a información na ligazón edu.xunta.es/fondolibros
Presentarase unha solicitude por familia onde se cubren os datos dos,-as fillos,-as que cursarán estudos no centro o próximo curso.
Podedes presentala na sede electrónica ou cubrir a solicitude e entregala presencialmente no centro. Para facer a entrega da solicitude e devolver os libros do fondo que teñades na casa estableceranse uns turnos por días e horas respectando as medidas sanitarias.
Enviaremos unha mensaxe por Abalar e publicaremos na web as quendas para facelo. Ese mesmo día levaredes o material dos vosos,-as fillos,-as que quedou no centro.
Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para descargar e a información relativa da documentación a presentar.