ACTIVIDADES
1.- Continuar adquirindo fondos bibliográficos para o centro orientados a aqueles alumnos/as que máis o precisasen, complementado cos últimos envíos feitos pola Consellería de Educación
2.- A elaboración dun novo número do xornal escolar: "A TRABE-sía", do que se imprimiron 180 exemplares.
3.- Continuamos coa subscrición coa Editorial Kalandraka, que oferta unha actividades de contacontos referenciada aos propios títulos para os nenos e nenas de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.
4.- Obras de teatro:
-Púxose en escea unha adaptación do conto "Ai, Filomena!" polas alumnas e alumnos de 6º
-Os rapaces de 1º do 1º ciclo representaron a obra "O avó"
-Fixéronse distintas representacións con monicreques: os pequenos de E. Infantil recrearon contos ("Os tres porquiños", "Carrapuchiña Vermella", …), os rapaces de 1º do 1º ciclo recrearon a canción "Cocorico" e os nenos/as de 2º do 1º ciclo o conto "A princesa do Courel".
- Aproveitando a posta en escea por parte do G.T. do I.E.S. "Vilar Ponte" da obra "Commedia. Un xoguete para Goldoni"
5.- Canto ao mantemento e recuperación de costumes e tradicións, desenvolvéronse as actividaes seguintes:
· Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de E. Primaria elaboraron un catálogo de arbustos que dan froito ao final do verán e no outono. · Celebración do Magosto, para o que se elaboraron distintos materiais: murais sobre o outono, pequenos contos, gorros, cucuruchos, colares,… (Tódolos ciclos).
· Elaborouse un recetario no que se recollían distintas elaboracións de productos da época
· Tamén se fixo unha exposición e degustación de froitos do outono
· Na última semana de outubro fixéronse distintos actos co gallo do Samaín, establecendo paralelismos e diferencias co Halloween saxón.
· O Entroido. Elaboraron disfraces e aprenderon cantigas para o desfile que se fixo polas rúas de Viveiro. Este ano o tema dos disfraces foi o mundo do circo.
· Recolleita de recitados, xogos de sortes, cancións,… en formato de audio (mp3) para a creación dun arquivo de tradición oral a disposición da comunidade educativa na web do centro. Elaboráronse unhas fichas para o rexistro e catalogación dos arquivos, das que se achega un modelo (2º ciclo).
6.- Para a celebración das Letras Galegas 2009, á marxe do traballo co material institucional remitido ao centro, elaboráronse diversos murais (E. Infantil, 2º e 3º ciclos) e un panel-cómic biobibliográfico sobre Ramón Piñeiro (1º ciclo).
7.- Polo que atinxe aos proxectos plurianuais previsto, o grao de desenvolvemento é diverso:
· Tarxetas de Nadal, que se elaboraron (unha por cada ciclo) e se remitiron por correo electrónico aos distintos centros de ensino da Mariña.
· Apadriña unha palabra, que orixinalmente se plantexou en colaboración con outros centros da Mariña. Seguiuse traballando na catalogación e ilustración de palabras (comúns e menos comúns). Así, no 1º ciclo escolleuse unha palabra sobre a que se investigou e se elaborou un mural. No 2º ciclo elexiron algunhas palabras desenvolvendo tarefas nas que o nexo de unión era o termo que se traballaba. No 3º ciclo, seguiuse un esquema semellante
8.- Contos viaxeiros. Esta actividade desenvolveuse por ciclos, adaptándose ao alumnado respectivo: En Ed.Infantil conxuntamente, decidiron o tema e os personaxes, redactáronos colectivamente en cada clase e construíron cada un, un exemplar. En 1º ciclo, consensuaron o tema e o texto e logo, por parellas, foron escribindo e ilustrando o texto.En 2º ciclo, xeneraron 4 inicios de contos e logo, en grupos de 4 a 6 persoas, foron redactando partes dos catro contos de xeito rotatito. Ao final, catro representates de catro grupos procederon ao tratamento informático dos textos finais.