Skip to Content

As nosas actividades

Este curso temos a gran sorte de contar cunha Axudante Linguística Comenius, Gosia. Estudiou na Escola de Maxisterio Polaca, na especialidade de inglés.

A súa presencia na aula dános un montón de posibilidades á hora aprender non só inglés, senón sobre outras culturas, a británica e a polaca. Xa fixemos moitas actividades encamiñadas a esta meta como as relacionadas co seu país, Polonia, a súa cidade,Torun, monumentos, lendas e costumes; e outras relacionadas con celebracións xa coñecidas doutros anos, o Halloween, Guy Fawkes Day,.... Entre as novas está unha moi peculiar que celebra a xente nova en Polonia,  Saint Andrew's Day, Andrzejki . As actividades son variadas: a dos zapatos, a dos nomes, cera,...

Fixemos moitísimas actividades relacionadas con calquera das cousas que se mencionan aquí, e ademais, xa sabemos saudar en polaco e o alfabeto.

Aprendemos moito sobre ese país, de feito fixemos un Concurso sobre Polonia, para o que preparamos uns murais preciosos. Gosia tiña preparados uns premios exclusivos para nós, de feito tróuxos de alí.

Si queres ver algunha fotos máis do que fixemos, preme aquí



page | by Dr. Radut