Skip to Content

ADMISIÓN 2018-2019

 

O día 1 de marzo de 2017 ábrese o prazo para presentar solicitudes de admisión en Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2018/19.

A solicitude pódese facer a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado da Xunta de Galicia ou de forma presencial no centro educativo ata o día 20 de marzo de 2018.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A ADMISIÓN.CURSO 2018/19

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2018/19 son os que se indican a continuación:

  • Solicitude de admisión en educación infantil e primaria: 1-20 de marzo (Anexo II)

  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar: do 23 de marzo ao 13 de abril de 2018.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos/as: ata o 25 de abril de 2018. Poderanse presentar reclamación perante o Consello Escolar nos 5 días hábiles posteriores á publicación da listaxe provional de admitidos/as.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as, antes do 15 de maio de 2018.
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1).

A normativa que regula o procedemento de admisión pódese consultar nos documentos anexos.

ANEXOS

AdxuntoTamaño
orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf1.03 MB
orde_do_25_de_xaneiro_de_2017_que_modifica_a_do_12_de_maarzo.pdf709 KB
PROCEDEMENTO.pdf465.98 KB
AnexoII_Admision.pdf1.04 MB
VACANTES.pdf211.12 KB


page | by Dr. Radut