Saímos a por CoGoMeLoS!!

Xa está aquí o Magosto e como adianto saímos a mañá do 9 de Novembro polo pobo a buscar Cogomelos. Nesta actividade, que nos organizou o Concello de Entrimo, recibimos a visita de Toni e Bego (de Xeitura) que nos axudaron a atopar e identificar todo tipo de cogomelos. Tamén aprendemos a mellor forma para recollelos e as zonas onde soen saír. Atopámolos de moitos tipos, cores e formas. 

Na saída tamén recollemos follas de diferentes tipos e elementos da natureza tan rica e variada que nos rodea para posteriormente facer uns "collages" con todo o que conseguimos.

Moitas gracias pola visita!! 

 

 

 

 

 

 

Samaín!!

Para conmemorar unha época tan tenebrosa fixemos varios talleres de manualidades para decorar a escola!! E o último día marchamos disfrazados ao cine! PASÁMOLO DE MEDO!!

Montamos a cabalo!!

Tivemos a sorte de visitar o club hípico "El Ranchito", e alí aprendemos a coidar aos cabaliños e tamén puidemos montar neles. Foi unha experiencia incrible, moitas gracias Luisa a Claudia!!

 

 

 

 

Distribuir contido