Entroido 2023!!

Tivemos un Entroido 2023 moi intenso!!

Comezamos o 10 de febreiro participando na X Mostra de Entroido 2023 de Lamas de Abade que este ano se adicaba ás "Madamitas".

https://www.youtube.com/live/OX0orR8nyS8?feature=share

A semana posterior comezamos coas Ordes do Meco

O xoves 16 de febreiro fixemos un DESFILE por Entrimo

E rematamos a semana participando nun desfile en Lobios xunto co CEIP do Xurés e o CEIP Valle Inclàn.

25 Novembro 22!!

Este ano para promover a igualdade fixemos uns agasallos coas nosas mans que despois repartimos polo pobo para concienciar aos veciñ@s da necesidade de xuntarnos todos para acadar a igualdade! Finalmente participamos nunha xuntaza na praza do concello contra a Violencia de Xénero!!

Magosto 2022 en Pacín!!

Para o día grande do Magosto deste año tivemos a sorte de recibir no noso cole aos colexios de Lobios e Bande, recibímolos pola mañá cedo moi nerviosos/as e despois de coñecemos un pouco pasamos a almorzar para coller forzas e poder disfrutar ao máximo da xuntanza!

Xa coas pilas cargadas puxémonos de camiño a Pacín e alí disfrutamos dunha chea de xogos!!

 Despois de tanto xogar sentámonos a comer, mentres nos asaban as castañas e cando rematamos o xantar...a xogar outro pouco antes de marchar!

Distribuir contido