Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR: MODELO AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS CURSO 2021/22

Mañá, 1 de setembro, comezará o prazo para entrega das autodeclaracións dos prezos públicos pola utilización do comedor escolar durante o curso 2021/22. É OBRIGATORIA a entrega deste documento para poder facer uso do comedor.

Polo tanto, de conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013, as familias con fillos/as usuario/as do comedor escolar deben cubrir o seguinte impreso e deberá ser entregado no centro cuberto. 

Prazo de presentación: 

  • Do 1 de setembro ao 7 de setembro
  • Horario: de 10:00h a 13:00h
  • Entregar na secretaría do centro

O impreso recollerano na secretaría do centro ou poden descargalo aquí.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO DE GARDA POR CONCILIACIÓN FAMILIAR DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR DA 1ª QUENDA E SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2021/22

Apertura do prazo para a "Solicitude de acceso ao servizo de garda por conciliación familiar do alumnado usuario de comedor da 1ª quenda" e apertura do prazo para a "Solicitude do servizo de transporte escolar do curso 2021/22".

Lembren que o comedor escolar dividirase en dúas quendas:

  • 1ª quenda: alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
  • 2ª quenda: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.

O impreso poderase imprimir AQUÍ ou recoller na secretaría.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • 1 de setembro ao 7 de setembro
  • Horario: de 10:00h a 13:00h
  • Entregar na secretaría do centro

Importante:

As familias que non entreguen o documento en tempo e forma quedarán excluídas do servizo de transporte escolar ou da garda.

 

ANUNCIO: DECISIÓNS ACORDADAS NA SELECCIÓN DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

Adxuntamos o documento informativo sobre os acordos adoptados en relación á admisión de usuarios do comedor escolar, ditaminado na comisión de comedor do Consello Escolar celebrada o 12 de xullo de 2021.

 

INFORMACIÓN FAMILIAS ALUMNADO 3 ANOS NOVA INCORPORACIÓN

Estimadas familias, 

Adxuntamos un tríptico con información de interese de cara a incorporación do alumnado de 3 anos o vindeiro curso. Agardamos que vos sexa de axuda.

Saúdos.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Con data, 6 de xullo de 2021, sairá publicada a listaxe provisional das axudas de libros de texto para 1º e 2º de Educación Primaria e o material escolar para todos os cursos de Educación Primaria.

Tanto os vales de libros de texto (1º e 2º E.P.) coma de material escolar (de 1º a 6º E.P.) entregaranse a partir do venres 3 de setembro en horario de 09:25h a 14:25h.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 6 de xullo, saiu publicada a listaxe definitiva de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 2 de xullo, saiu publicada a listaxe provisional de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

 

 

 

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o curso 2021/22.

 

 

INICIO DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR (CURSO 2021-22) E APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO COMEDOR.

Segundo a Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-22,

Iníciase o prazo de solicitude de praza para usuarios do comedor escolar para o curso 2021/22.

Adxuntamos o formulario coa solicitude que se terá que entregar en secretaría seguindo as instrucións que veñen recollidas en dito documento.

Pregamos as lean con atención.

Prazo de admisión de solicitudes: do 1 ao 12 de xullo ( ata as 12:00h).

Ademais, adxuntamos o anexo IV correspondente á apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as de comedor. Na secretaría do centro, recollerase o formulario de inscrición para pais/nais/titores legais colaboradores/as do comedor do vindeiro curso.

 

MENÚ ESCOLAR: XUÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut