O día 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o Equipo de Biblioteca levará a cabo unha actividade solidaria.
O alumnado que queira participar deberá traer algún dos produtos indicados (comida para gatos ou produtos de limpeza: lixivia, friegasuelos, vasoiras...) para a protectora do Morrazo ou Colonias Canguesas e, a cambio, escollerá un libro para levar a casa. A actividade está deseñada para facer un servizo á comunidade e, á súa vez, darlle unha nova vida a aqueles libros que foron descatalogados na biblioteca.
A actividade levarase a cabo na semana do 2 ao 6 de outubro.
Agradecemos a vosa colaboración.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.pdf | 65.77 KB |