AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024
(Código procedemento ED330B)
Está aberto o prazo desde o día 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (inclusive)para solicitar:
- Fondo solidario de libros de texto:alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO. Os/As alumnos/as de 5º e 6º de E. Primaria participan no Proxecto Edixgal, polo que quedan excluídos do fondo solidario ao empregar material dixital.
- Axudas para adquirir libros de texto:alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir material escolar:alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.
Forma de presentación:
Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telematicamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
IMPORTANTE: Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II
Non esquezades cubrir e asinar as dúas táboas do Anexo II (son táboas diferentes).
Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 954.
Máis información:
- ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Enlace
- Manual de usuario para os cidadáns: enlace
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I.pdf | 1.61 MB |
ANEXO II.pdf | 990.25 KB |
AXUDAS 23-24.png | 156.31 KB |