Skip to Content

NOVAS NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO DO CENTRO.

Despois de experimentar ao longo de setembro os procedementos de protección nas entradas, saídas e desprazamentos polo colexio, consideramos a necesidade de realizar algunhas modificacións de seguridade que, de cara ás familias, soamente afectaría aos alumnos/as que marchan en coches, saíndo pola porta pequena do pavillón.

Pedímosvos que repasedes cos vosos fillos/as estas normas, xa traballadas no colexio, para poñelas en práctica a partir do luns, día 5 de outubro:

  • O alumnado de 1º de E.P. que marcha en coches particulares para casa, saíndo pola porta do pavillón que da directamente a rúa, será o primeiro en saír a partir das 14:30.
  • Marcaremos ben os ritmos de saída para que poidades recoller aos nenos/as sen amontoamentos na porta.
  • Os alumnos/as non deben saír do colexio (pasar da liña branca que delimita a carreteira), ata que o familiares que os veñen a recoller estean presentes.

En previsión dos retrasos ou imprevistos que se poidan dar ao longo do curso, cando o familiar non chegue a tempo, o rapaz/a en cuestión ten que manterse na zona de espera que lle indique o profesor/a de garda, para permitir a saída progresiva dos diferentes cursos, ata 6º de EP.

Cando rematada a saída de todos/as, o familiar aínda non puidese chegar, o alumno/a volverá a entrar no colexio da man do profesor/a vixiante, para xestionar o contacto telefónico.

Insistide en que non se pode saír por esta porta se non é co familiar ou adulto que tiña previsto vir a recollelo.

Por último, dicir que todos/as temos que facer énfase na modelaxe do alumnado para conseguir que se desprace camiñando, evitando as carreiras que rompen a distancia de seguridade e supoñen un claro risco no acceso directo á carreteira.

En calquera caso, queremos dicir que, en liñas xerais, as alumnas e alumnos están sorprendéndonos coa súa receptividade e colaboración no cumprimento das estritas normas pola COVID-19.



page | by Dr. Radut