Skip to Content

O entroido

Chegou o entroido e tamén no cole celebramos esta tradicional festa. Durante a semana, e para ir facendo ambiente, xogamos á Patarrona: cada día había que vestir o maior número de prendas posible da mesma cor. O mércores foi o día da Paz e ese día todos iamos de branco

Profesorado disfrazadoProfesora con máscara de ra, con dosu nenos ao seu lado

O venres tivemos a festa. No recreo tomamos chocolate e unha lambetada típica destas época como son as orellas. Logo disfrazámonos, cada un como quixo, pero en infantil ían todos os nenos, as nenas e as profesoras e algunha mamá vestidas de rá. ¡Mimadriña canta ra! Estaban moi guapas. Cantamos as coplas e bailamos.

Foi todo moi bonito porque case todos nos disfrazamos, incluídos os profes.



page | by Dr. Radut