Saltar navegación.

Celebracións

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 Foron varias as actividades que se fixeron no centro para conmemorar este día

 

  • Entre todo o alumnado pintaron un mural 
   
     
     
  • Toda a comunidade educativa fixemos unha recollida solidaria de alimentos para CÁRITAS. Recollimos 301 paquetes.   

  

PINCHA NA IMAXE PARA LER A CARTA DE AGRADECEMENTO

   
  • Rematamos cantando e bailando con Unai Quirós "Contágiame tu Paz"   
   

DÍA DA PAZ 2014

O 30 de xaneiro do 2014 celebramos no colexio o Dia da Paz. Fixemos un pequeno acto que rematamos cantando todos todos os alumnos/as e profes a canción “Cantarela dos nenos"

 Durante a semana tamén fixemos diferentes actividades e traballos nas aulas sobre a Paz. Aproveitamos tamén a celebración desta data para facer aportacións de diñeiro e alimentos desde as familias e que os nenos e nenas trouxeron ao cole.

En total reunimos 145 kg. de alimentos destinados aos servicios sociais do concello e 270 € que irán destinados, como en cursos anteriores, á Cociña Económica de Ferrol.

Moitísimas grazas a todos

Día da Paz 2013

O mércores 30 de xaneiro celebramos no colexio o Dia da Paz. Fixemos un pequeno acto no que os compañeiros de 6º leron un montaxe audiovisual ,que elaboraron, sobre Rigoberta Menchú. Os nenos e nenas de 5º tamén leron un pequeno libro titulado “Tres iguais”.  Para rematar o acto todos os alumnos/as e profes cantamos a canción “Paz,paz,paz” do cantante Juanes.

Durante a semana tamén fixemos un mural, entre todos, no patio cuberto e diferentes actividades e traballos nas aulas sobre a Paz. Aproveitamos tamén a celebración desta data para facer aportacións de diñeiro e alimentos desde as familias e que os nenos e nenas trouxeron ao cole.

En total reunimos 145 kg. de alimentos e 285 € que irán destinados, como en cursos anteriores, á Cociña Económica de Ferrol.

Moitísimas grazas a todos.

Preme na imaxe e poderás ver o vídeo da canción que cantamos todos o Día da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 


"http://pf.kizoa.com/sflite.swf?did=6755929&k=6231325">


2013-11-08 cabazas, cada un coa súa - slideshows

  O VINDEIRO XOVES, 24 DE OUTUBRO,

      FOLGA NO ENSINO!!!

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

        

 O pasado xoves, 14 de maio, celebramos coma tódolos anos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión estivo dedicado a Ramón Piñeiro porque foi un home que defendeu a lingua e a cultura galegas. Despois do recreo tivemos o Festival e pasámolo moi, moi ben.

  En primeiro lugar cantaron dúas cancións os nenos de educación infantil. Estiveron moi graciosos e os pais, nenos e mestres  aplaudironos moito.

  Os dos catro primeiros cursos de primaria recitaron poesías, cantaron e puxéronnos adiviñas. Tamén o fixeron moi ben.

   E por último actuamos os de 6º e 5º: presentamos o festival, fixemos unha semblanza de Ramón Piñeiro, cantamos unhas regueifas e representamos unha obra de teatro: " Esta si que che é desgraza" de Fina Casalderrey. O escenario estaba moi bonito e  tiñamos un vestiario que nos quedaba ben. Aínda que estábamos moi nerviosos non nos saiu nada mal e gustoulle a todos.

  Nosoutros cando mellor o pasamos foi nas catro últimas semanas mentres estivemos ensaiando a obra de teatro polas tardes. Case sempre nos daban ataques de risa e todos viñamos moi contentos porque nos divertiamos  mogollón. Cando non ensaibamos tamén pintábamos carteis e murais. Na entrada do cole fixemos unha exposición de libros en galego para a que cada un trouxo o seu libro preferido. Vaia, que traballamos un montón e por riba os mestres non nos perdoaban nada e tiñamos que estudiar e facer as actividades coma sempre. Para nós foi o mellor festival.

                                                                                             

Alumnos e alumnas de 5º

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou  premendo aquí


O DÍA DA PAZ

     O día 30 de xaneiro celebramos no colexio  O DÍA DA PAZ, cun pequeno acto conxunto entre todos os alumnos/as, mestres e pais/nais.

Durante a semana pintamos entre todos este mural, obra do debuxante Keith Haring, onde se representa o símbolo que adoptamos neste curso para celebrar este día "UNHA APERTA".

Nese día varios nenos e nenas de cada curso (dende 3 anos ata 6º) leron o LIBRO DA PAZ.

Antes de rematar cantamos entre todos a canción con mensaxe pacifista "No dudaría" proxectando a letra na pantalla sobre un vídeo protagonizado por nenos/as e mestres do colexio durante a semana e que titulamos "APERTAS GRATIS".

Para rematar o acto e como xa é tradicional, fixemos unha colecta de diñeiro destinada, ao igual que nos últimos cursos, á "Cociña Económica" de Ferrol. Os nenos, mestres e pais depositaron o diñeiro que trouxeron para axudar a esta institución benéfica. ENTRE TODOS XUNTAMOS 430 €.  GRAZAS E UNHA APERTA PARA TODOS

Podemos ver O LIBRO DA PAZ  e "APERTAS GRATIS" clickeando nos seguintes vídeos


DÍA DO PEÓN

 

O 11 de novembro foi a data elixida para a celebración da 4ª edición do Día do Peón.

A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado.

Neste vídeo os rapaces do colexio bailan os seu peons o día da celebración do San Martiño no colexio como unha actividade mais nese día.

Distribuir contido