Skip to Content

DIVERSIDADE NAS AULAS: TDAH

“O TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.

Considérase que o trastorno está presente cando estas condutas interfiren de forma significativa no rendemento escolar e tamén nas actividades cotiás. Así mesmo, é necesario lembrar que non afecta nin a intelixencia nin o razoamento e que as persoas afectadas gozan, polo xeral, dun pensamento rápido, teñen moita intuición e enxeño; e, ademáis, adoitan ser entusiastas, creativas e sinceras. Por outra banda, contan cunha fonte inesgotable de enerxía e cunha elevada facilidade para expresaren a súa afectividade.”



blog | by Dr. Radut