Skip to Content

Blogues

RECURSOS EDUCATIVOS PARA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O profesorado de PT e AL ofrécenos unha selección de RECURSOS EDUCATIVOS PARA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE organizados por niveis de competencia, que nos poden ser útiles.

 Etapa Infantil:

- Recursos dixitais interactivos de Lectoescritura e Matemáticas, da editorial Algaida

- Conceptos básicos e grafomotricidade:

 Etapa Primaria, primeiro tramo:

 - Atención, razoamento cognitivo

- Razoamento matemático

- Táboas de multiplicar

- Materiais imprimibles

- Comprensión lectora, nivel inicial

- Comprensión lectora, nivel medio

- Colorear(realidade aumentada)

 Etapa Primaria, segundo tramo:

- Mellora da competencia lectora

 - Apuntes de gramática

- Mapa de recursos para 5º e 6º

- Escritura creativa

- Retos de razoamento lóxico

- Realidade aumentada (contidos educativos) : CIENCIAS

 

CANDIDATURAS DE PAIS E NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Como xa se comunicou ás familias, lémbrase que no taboleiro do interior do centro están publicadas as candidaturas presentadas para a elección de representantes de pais e nais do alumnado no consello escolar. Poderanse presentar reclamacións, se procede, ata o día de hoxe, 13 de novembro, ás 14:00 horas.

As votacións realizaranse no centro o día 18 de novembro, luns, de 16:00 a 19:00 horas. As papeletas estarán dispoñibles no local de votación.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Lembramos que a votación para a elección de representantes de pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do CEIP San Francisco Javier, realizarase o día 18 de novembro de 2024, luns, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

Nesta ocasión renovaranse 4  representantes deste sector, sendo un deles proposto pola ANPA e o resto elexidos por votación.

 Quen pode votar?

Teñen dereito  a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figuren no Censo que foi aprobado pola Xunta Electoral. Tal dereito corresponde tanto ao pai como á nai ou titor/a legal, podendo votar os dous.

Publicación e reclamacións ao censo: o censo permanecerá exposto regulamentariamente no taboleiro do interior do centro ata o día 6 de novembro. Ata esa data poderán presentarse reclamacións, se procede, mediante un escrito dirixido á xunta electoral.

Prazo de presentación de candidaturas:

Para a presentación de candidaturas para a elección de representantes de pais, nais e titores legais de alumnado, poderase recoller modelo en secretaría ou cubrir o modelo que se adxunta máis abaixo, e presentalo no rexistro do centro ata as 14:00 horas do día 8 de novembro. 

A dirección destColexio anima a todos os pais,nais e titores legais do alumnado a presentar candidatura e a participar na votación do luns 18 de novembro, comunha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máximrepresentatividade posible de pais e nais no ConsellEscolar.

 

ELECCIÓN REPRESENTANTES PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG do 18 de setembro) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, conforme ás normas recollidas no arquivo adxunto.

 

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO

Recibiuse no día de hoxe notificación por parte da Dirección Territorial, de autorización do día 4 de novembro de 2024 como día non lectivo, en base a razóns de tradición, costume e conveniencia pedagóxica.

 

 

SORTEO MEMBROS XUNTA ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR

Comunicamos que próximamente terán lugar as eleccións do Consello Escolar.

O primeiro paso do proceso consiste na constitución da Xunta Electoral. Celebrarase  o sorteo o vindeiro venres 18  ás 11:45 na sala do profesorado do centro. A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2024-2025

O pasado mes de abril a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde do calendario escolar para o curso 2024/2025 (ORDE do 12 de abril de 2024, DOG do 23 de abril de 2024)

Nesta Orde establécese a duración do curso escolar, os períodos de vacacións escolares e a declaración de días non lectivos (Artigo 7), que serán as festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local,  e declárase o 31 de outubro como Día do Ensino.

Ademáis destas datas, o consello escolar deste centro acordou o pasado 30 de setembro solicitar á xefatura territorial as seguintes datas como días non lectivos escollidos polo centro.

-          - 

4 de novembro de 2024

-         -  

2 de maio de 2025  

Estas datas están pendentes de ser autorizadas pola xefatura territorial, o que se comunicará no seu momento.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Este é o horario de atención ao público:

ATENCIÓN AO PÚBLICO

DIRECCIÓN

LUNS DE 10:50 a 11:45

MÉRCORES E VENRES DE 9:00 a 9:55

XEFATURA DE ESTUDOS

MARTES, MÉRCORES E XOVES DE 9:00 a 9:55 

SECRETARÍA

LUNS, MARTES E MÉRCORES DE 11:20 a 12:15

XOVES DE 9:00 a 9:55

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS

Para todas aquelas familias que non puideron estar na reunión inicial das familias o para aquelas que queran volver a ver a información presentada, deixamos aquí o arquivo adxunto.

NOTA: Lembrade non mercar o libro de lectura "Teatro ás tres pancadas"

 

CALENDARIO XUNTANZAS INICIAIS TITORÍAS-FAMILIAS

Publícase o calendario das xuntanzas previstas entre o profesorado titor e as persoas responsables legais do alumnado do seu grupo.

As reunións realizaranse nas aulas de cada grupo e, dada a limitación dos espazos rógase acuda unha soa persoa responsable por cada alumna-o. Así mesmo, rógase asistir sen nenos-as para facilitar a comunicación e optimizar os tempos.

Lembramos que o obxectivo destas xuntanzas é abordar as cuestión xerais que afectan ao grupo e que para as particulares poden solicitar xuntanzas de titoría individuais.

Adxúntase unha táboa informativa de datas para cada titoría. O resumo do calendario é o seguinte:

LUNS 16/09/2024:

16:00 h: 6ºE.Infantil

17:00 h: 4ºEP.

LUNS 23/09/2024

16:00 h: 5ºE.Infantil, 5ºEP.

16:15 h: 1ºEP, 3ºEP.

17:00 h: 6ºEP.

LUNS 30/09/2024

16:30 h: 2ºEP.

  

CURSO

DATA

HORA

5º E. INFANTIL

Luns 23 de setembro

16:00 h

6º E. INFANTIL

Luns 16 de setembro

16:00 h

1º E.P.

Luns 23 de setembro

16:15 h

2º E.P.

Luns 30 de setembro

16:30 h

3º E.P.

Luns 23 de setembro

16:15 h

4º E.P.

Luns 16 de setembro

17:00 h

5º E.P.

Luns 23 de setembro

16:00 h

6º E.P.

Luns 23 de setembro

17:00 h

 

ESPERÁMOSVOS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut