Lembramos que a votación para a elección de representantes de pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do CEIP San Francisco Javier, realizarase o día 18 de novembro de 2024, luns, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Nesta ocasión renovaranse 4 representantes deste sector, sendo un deles proposto pola ANPA e o resto elexidos por votación.
Quen pode votar?
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figuren no Censo que foi aprobado pola Xunta Electoral. Tal dereito corresponde tanto ao pai como á nai ou titor/a legal, podendo votar os dous.
Publicación e reclamacións ao censo: o censo permanecerá exposto regulamentariamente no taboleiro do interior do centro ata o día 6 de novembro. Ata esa data poderán presentarse reclamacións, se procede, mediante un escrito dirixido á xunta electoral.
Prazo de presentación de candidaturas:
Para a presentación de candidaturas para a elección de representantes de pais, nais e titores legais de alumnado, poderase recoller modelo en secretaría ou cubrir o modelo que se adxunta máis abaixo, e presentalo no rexistro do centro ata as 14:00 horas do día 8 de novembro.
A dirección deste Colexio anima a todos os pais,nais e titores legais do alumnado a presentar candidatura e a participar na votación do luns 18 de novembro, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
modelo candidatura pais e nais.pdf | 373.79 KB |