Skip to Content

ORGANIZACIÓN DÍA 11 INICIO DAS CLASES

Estimadas familias:

Iniciamos o 2024-2025 e como equipo directivo xunto con todo o profesorado, queremos darvos a benvida a este curso escolar.

Equipo directivo:

Directora: María Victoria Esteban Riesco

Secretaria: Silvia Lozano Abuín.

Xefa de Estudos: Virginia Dávila Barba.

Comezo das clases:

As clases darán comezo o luns día 11 de setembro en horario de 9:00 a 14:00,agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que terá o horario establecido para o período de adaptación.

Organización de entradas e saídas:

En arquivo adxunto podedes ver a circular de inicio do curso, que contén información importante de entradas, saídas e normas de organización e funcionamento. 

Comunicacións:

Como sabedes, o medio de comunicación co profesorado titor é, ademáis das titorías presenciais, a aplicación abalarmóbil. Nela poderedes consultar información académica da vosa filla ou fillo, do grupo a que pertence e o profesorado que ten asignado.

Se aínda non tedes descargada esta aplicación, hai un post cunha guía AbalarMobil para facelo.

Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante continúa  a ser a web do centro.

Libros de texto e material funxible:

No taboleiro de anuncios do centro e na web está publicado dende xuño o listado de libros de texto.

A entrega de libros do Fondo Solidario realizouse o día 8 de setembro e a de vales para libros e para material iniciouse en xullo. Quen teña concedidas estas axudas e non as recollese aínda, pode dirixirse á secretaría do centro. Os libros que quedasen sen recoller serán entregados ao alumnado nos primeiros días.

Os listados de material funxible están publicados nun post anterior.

Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.

Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
1 CIRCULAR FAMILIAS.pdf688.28 KB


blog | by Dr. Radut