O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida a este centro e desexarvos un feliz curso escolar.
O vindeiro venres día 6 de setembro, ás 12:00 horas, teredes unha reunión coas titoras nas aulas de 4º de Educación Infantil, situadas na planta baixa, na que darase información importante sobre o período de adaptación, aspectos xerais e poderanse aclarar dúbidas que poidan xurdir.
Para coñecer o grupo asignado dos vosos fillos e fillas, o día da reunión se vos irá chamando para que sexades acompañados ata a aula específica. Nos arquivos adxuntos tedes información sobre a organización do período de adaptación nos grupos A e B, que tamén se vos facilitará o venres.
Recibide un cordial saúdo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Empeza o cole A.pdf | 2.09 MB |
Empeza o cole B.pdf | 2.09 MB |