Listaxes definitivas:
Publicada con data do 30/08/2024 as listaxes definitivas de Becas comedor do Concello de A Coruña e resolución de alegacións. Consultar no Taboleiro da sede electrónica do Concello.
Recibíuse do Concello a seguinte comunicación:
Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=21162
- Páxina web de servizos sociais
As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.