Infórmase ás persoas interesadas que o xoves 25 de abril publicaranse as listaxes provisionais de adxudicación de prazas de alumnado para o curso 2024/2025.
As persoas interesadas poden acceder á información de dúas maneiras:
- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Non se dará información por teléfono.
POR PROTECCIÓN DE DATOS, ESTÁ PROHIBIDO FACER FOTOGRAFÍAS.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 5 días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.