Estimadas familias:
Iniciamos o 2023-2024 como novo equipo directivo e, xunto con todo o profesorado, queremos darvos a benvida a este curso escolar.
Equipo directivo:
Directora: María Victoria Esteban Riesco
Secretaria: Silvia Lozano Abuín.
Xefa de Estudos: Virginia Dávila Barba.
Comezo das clases:
Dende o día 1 de setembro o centro permanece aberto durante a xornada habitual e as clases darán comezo o luns día 11 de setembro en horario de 9:00 a 14:00,agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que terá o horario establecido para o período de adaptación.
Organización de entradas e saídas:
En arquivo adxunto podedes ver a circular de inicio do curso, que contén información importante de entradas, saídas e normas de organización e funcionamento.
Tamén atoparedes para descargar os impresos das autorizacións do alumnado, ao remate desta publicación.
Comunicacións:
Como sabedes, o medio de comunicación co profesorado titor é, ademáis das titorías presenciais, a aplicación abalarmóbil. Nela poderedes consultar información académica da vosa filla ou fillo, do grupo a que pertence e o profesorado que ten asignado.
Se aínda non tedes descargada esta aplicación, hai un post cunha guía AbalarMobil para facelo.
Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante continúa a ser a web do centro.
Libros de texto e material funxible:
No taboleiro de anuncios do centro e na web está publicado dende xuño o listado de libros de texto.
A entrega de libros do Fondo Solidario realizouse o día 8 de setembro e a de vales para libros e para material iniciouse en xullo. Quen teña concedidas estas axudas e non as recollese aínda, pode dirixirse á secretaría do centro. Os libros que quedasen sen recoller serán entregados ao alumnado nos primeiros días.
Os listados de material funxible están publicados nun post anterior.
Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.
Equipo Directivo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular familias setembro.pdf | 489.79 KB |
autorizacións.pdf | 417.48 KB |