Este curso está a ser diferente, extraño, especial. Neste tempo dende que deixamos de estar no colexio para quedar na casa, experimentamos toda clase de emocións e non sempre resulta fácil saber como nos sentimos. En ocasións podemos sentirnos preocupados por non saber o que vai pasar, tristes por non poder ver aos amigos, os avós, enfadados porque non podemos facer o que nos gustaría... ou felices de poder pasar máis tempo cos papás e xogar con eles. Volver saír ás rúas, ao aire libre, xogar no parque ou na praza, montar na bicicleta, aínda que sexa por tempo limitado, fainos sentir máis alegres e esperanzados, porque iso quere dicir que moi pronto poderemos regresar á normalidade.
Estes libros e actividades axudarannos a coñecer un pouco mellor as nosas emocións para aprender a manexalas. Acompáñase dunhas FICHAS DE ACTIVIDADES