Skip to Content

blogue deadmin

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL

Con data do 5 de xullo publícanse as listaxes definitivas de persoas beneficiarias de libros de texto do Fondo Solidario e axudas para adquisición de material escolar.

As persoas interesadas poden acceder aos seus datos na aplicación Fondo Libros coa chave 365 ou certificado dixital.

A entrega de vales e libros ás persoas beneficiarias realizarase con carácter xeral no mes de setembro.

Poderanse recoller vales o día 9 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h na secretaría do centro. Só se entregarán vales ás persoas solicitantes, coa debida acreditación de identidade.

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Estes listados publícanse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional: Días 3 e 4 de xullo, de forma presencial no centro educativo.

Horario de atención ao público: de 10:00 a 12:00 horas.

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 3 ANOS

O vindeiro mércores día 26 de xuño, ás 11:00, terá lugar no Salón de Actos do centro unha reunión coa Dirección e Profesorado de Educación Infantil cos pais/nais/titores do alumnado de novo ingreso, que para o vindeiro curso 2024-2025 estarán escolarizados en 4º curso de Educación Infantil (Educación infantil 3 anos).

Contamos coa súa asistencia!

Asimesmo, lembramos que o prazo de matrícula está aberto desde o 20 ata o 30 de xuño.

MATRÍCULA 2024-25

Comeza o periodo de matrícula para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. O prazo de presentación da documentación é do 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusive).

A documentación a aportar é a seguinte:

Impresos de matrícula (os 2 modelos)

Autorizacións

4 fotografías

Fotocopia da tarxeta sanitaria

Convenio regulador/sentencia divorcio, se é o caso.

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Están publicados no taboleiros de anuncios do centro os listados de libros de texto dos diferentes niveis para o curso 2024-2025.

Podedes atopalos no arquivo adxunto.

1º PREMIO NO REBUMBIO MATEMÁTICO 2024

O equipo formado polo alumnado de 6ºA do noso centro e a profesora Dna Isabel Vázquez acadaron o primeiro premio no Rebumbio Matemático 2024 e serán os representantes da nosa comunidade autónoma na Final Nacional que se celebrará no mes de Xuño en Madrid. 

NORABOA AOS NOSOS

                                                      CAMPIÓNS!

 

 

CORRELINGUA 2023-24

O pasado día 10 de maio, o noso centro participou no Correlingua 2023-24 para reinvindicar o uso do galego. Eiquí oe enlace do artigo da Voz de Galicia. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2024/05/11/milleiro-nenos-r...

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024-2025

Con data do 20 de maio publicouse no DOG a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 EXTRACTO DA ORDE:

 Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024. 

LETRAS GALEGAS 2024. COLABORACIÓN NO ACTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado día 15 de maio, a Universidade da Coruña celebrou o Día das Letras Galegas coa lectura de poemas da autora homenaxeada este ano, a escritora coruñesa Luisa Villalta.

O noso alumnado quixo colaborar e alí asistiron alumnas e alumnos de 6º de Primaria coa súa profesora para ler unha selección de poemas.

Deixamos aquí unha ligazón para ler a nova na web da UDC:

A UDC celebra as Letras Galegas 2024

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO. PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS CURSO 2024-2025

De conformidade co artigo 35 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG de8 de novembro de 2022) publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido a prazas escolares neste centro para o curso 2024-2025.

As reclamacións presentadas entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva. (Art.35)

Contra estas listaxes, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da xefatura territorial porá fin á vía administrativa (Art.36).

CONSULTA DE LISTAXES

As listaxes poderanse consultar de dúas maneiras:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, accedendo co certificado dixital ou Chave365.

ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA (Artigo 39).

As solicitudes presentadas en prazo que non resulten admitidas no centro docente indicado en primeiro lugar, trasladaranse á comisión de escolarización, que as baremará para cada un dos centros solicitados en que existan postos vacantes, seguindo a orde de preferencia manifestada na solicitude.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (Art. 41)

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula no centro nos prazos seguintes:

a) Alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) Alumnado de ESO e BAC: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

De non formalizarse a matrícula no prazo establecido, decaerá no seu dereito a praza obtida.

Distribuir contido


by Dr. Radut