Skip to Content

Blogues

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL. PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

Estimadas familias de 4º de EI, 

O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida a este centro e desexarvos un feliz curso escolar. 

O vindeiro xoves día 7 de setembro, de 12:30 a 13:30 horas, teredes unha reunión coas titoras no Salón de Actos, situado no 2º andar, na que se trasladará información importante sobre o período de adaptación e outros aspectos e aclararanse as dúbidas que poidan xurdir.

Os listados para coñecer o grupo asignado están expostos no taboleiro do interior do centro. En arquivos adxuntos tedes información sobre a organización do período de adaptación nos grupos A e B.

Recibide un cordial saúdo.

Benvida ao novo curso 2023-24

Estimadas familias,

Dende todo o claustro do CEIP San Francisco Xabier queremos darvos a benvida a este curso 2023/24.

Desde mañá, venres, día 1 de setembro o centro permanecerá aberto en horario de mañá, aínda que estamos a organizar o novo curso que comeza o  luns día 11 de setembro.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que a entrega fondolibros ás familias beneficiarias realizarase o venres 8 de setembro  de 10-11 horas da mañá no patio cuberto do centro.

Se algunha familia non pode acudir a recollelos ese día, entregaránselle os libros ao alumnado nos primeiros días de clase.

 

Lembrámosvos que iremos actualizando a información e dando a coñecer as novas do centro a través desta páxina web e da aplicación ABALAR.

 

FELIZ INICIO DE CURSO!

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2023-2024-Resolución definitiva

Resolución definitiva das becas de comedor do Concello de A Coruña concedidas e denegadas.

Consultar información no arquivo adxunto.

CONCELLO DA CORUÑA: LISTAXES DE BOLSAS COMEDOR- CURSO 2023-2024

O Concello da Coruña infórmanos de que, dende o 17 de xullo de 2023,  está publicada no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello,a listaxe provisional de concesións e denegación das solicitudes de bolsas municipais de comedor  para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

 -   Taboleiro de edictos

-   Páxina web de servizos sociais

-   Taboleiros dos centros cívicos municipais

Máis información sobre trámites, prazo de alegacións, etc., no arquivo adxunto: Becas comedor.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO

Publícanse as listaxes definitivas de libros de texto do fondo solidario adxudicados a alumnado de 3º a 6º de Primaria. Pódense consultar no taboleiro do interior do centro, así como na aplicación fondolibros , entrando a persoa solicitante coa Chave 365 ou certificado dixital.

Nestas listaxes definitivas xa se poden ver que libros vai recibir cada solicitante.

A orde de concesión dos libros é a seguinte:

1.- Matemáticas

2.- Lingua Castelá

3.- Lingua Galega

4.- Ciencias da Natureza

5.- Ciencias Sociais

6.- Inglés

ENTREGA DE VALES

Os días 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas, poderanse recoller na secretaría do centro os vales das axudas concedidas para adquisición de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (de 1º a 6º de Primaria). Os vales que queden sen recoller entragaranse en setembro.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

Os libros de texto adxudicados entregaranse en setembro ao alumnado beneficiario de 3º a 6º de Primaria. 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

Según o previsto no Artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (...)para o curso escolar 2023/24,

Publícanse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar, as seguintes listaxes: 

  • Listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario
  • Listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión
  • Relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 PRAZO DE RECLAMACIÓNS:

Conforme ao establecido no Artigo 24.c da Orde do 10 de maio de 2023, as persoas interesadas poderán formular reclamacións os días 5 e 6 de xullo na secretaría do centro.

Unha vez resoltas as reclamacións, procederase á publicación definitiva que será anunciada debidamente.

 

 

TEMPO DE EMOCIÓNS

Este curso está a ser diferente, extraño, especial. Neste tempo dende que deixamos de estar no colexio para quedar na casa, experimentamos toda clase de emocións e non sempre resulta fácil saber como nos sentimos. En ocasións podemos sentirnos preocupados por non saber o que vai pasar, tristes por non poder ver aos amigos, os avós, enfadados porque non podemos facer o que nos gustaría... ou felices de poder pasar máis tempo cos papás e xogar con eles. Volver saír ás rúas, ao aire libre, xogar no parque ou na praza, montar na bicicleta, aínda que sexa por tempo limitado, fainos sentir máis alegres e esperanzados, porque iso quere dicir que moi pronto poderemos regresar á normalidade.

Estes libros e actividades axudarannos a coñecer un pouco mellor as nosas emocións para  aprender a manexalas. Acompáñase dunhas FICHAS DE ACTIVIDADES 

 

 

FELIZ DÍA DA NAI

Hoxe é un Día da Nai diferente, pero moi importante.

Queremos enviar a todas as nais un forte abrazo virtual, que pronto poderá ser real.

MOITO ÁNIMO E FELIZ DÍA DA NAI!!

Fai click na imaxe para ver un video:

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS

Moi pronto os nenos e nenas poderedes saír á rúa acompañados polo voso papá, pola vosa  mamá, ou por un familiar adulto...

A través deste conto, Oso Goloso quere darvos unhas recomendacións para desfrutar destas saídas tan desexadas sen riscos para a saúde.

 

Ánimo! Un día MÁIS é un día MENOS!

 

(Fai click na imaxe)

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, día 23 de abril, celébrase o DÍA DO LIBRO e hai costume este día de  regalar e intercambiar libros e rosas.

A biblioteca do noso centro ten interesantes propostas para vós, podedes acceder a ela dende esta ligazón:

O BLOG DE ELMER NA CUBELA

Dende o Departamento de Orientación queremos agasallarvos cunha pequena colección de libros infantís en formato dixital, que esperamos vos gusten.

Facede click na imaxe e aparecerán:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut