Finalizado o prazo de solicitude de admisión, infórmase do seguinte:
4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Presentáronse máis solicitudes ca prazas vacantes. É preciso baremar.
1º, 5º e 6º de Educación Primaria: Presentáronse máis solicitudes ca prazas vacantes. É preciso baremar.
4º Educación Primaria: Presentáronse menos solicitudes ca prazas. Non é preciso baremar.
Baremación de solicitudes.
Artigo 30 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
Prazo: Conforme ao Artigo 30.2, unha vez finalizado o prazo de admisión de solicitudes, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as persoas interesadas podan presentar, se así o desexan, a documentación complementaria á que xa foi adxuntada coa solicitude, para xustificar os criterios de baremo alegados nela. (Artigo 31)
Horario de entrega de documentación: De 11:00 a 12:00 horas.
Se xa se entregou coa solicitude a documentación acreditativa, non é preciso achegar nada máis.
Non se poden modificar as solicitudes nin alegar criterios que non figuren nelas.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Cando da calidade da copia deriven dúbidas, poderase requirir o cotexo co documento orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.