Skip to Content

Actividades cursos pasados

SOMOS O SALGADO!

O noso alumnado versionou unha canción na clase de música, bravo por el@s!

Con este retrouso pegadizo vos desexamos unha feliz ponte de novembro!

SOMOS O SALGADO!

INAUGURACIÓN DO MURAL DA BIBLIOTECA

O pasado luns 25 de abril tivemos unha visita moi especial!

O ilustrador Alejandro Mosquera veunos explicar todo o proceso do mural que realizou na nosa Biblioteca. Foi unha xornada moi bonita, onde todo o alumnado tivo a oportunidade de facerlle preguntas e resolver curiosidades.

O programa "Voces de A Coruña" fíxose eco da visita e tivemos unha entrevista en directo para Radio Voz.

Aquí vos deixamos unha imaxe da xornada e o enlace á entrevista completa clicando na imaxe.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Correde a voz para que veñan a coñecer o noso centro!

O noso alumnado escolleu algunha das moitas razóns polas que elixir o CEIP SALGADO TORRES!

 

MAGOSTO 2021

O pasado venres celebramos o MAGOSTO!

O bo tempo e as ganas de festa fixeron que todo saíra estupendamente!

Moitas grazas ás familias polas ricas castañas e parabéns a toda a rapazada por ser un exemplo de bo comportamento!

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta fantástica xornada!

SAMAÍN 2021

Moitísimas grazas ás familias polas fantásticas e terroríficas cabazas!

Aquí vos deixamos un resumo das cabazas deste Samaín 2021.

STOP_ACOSO ESCOLAR

O Equipo de Convivencia propón ao longo do curso varias actividades para a mellora da vida no centro.

A información é coñecemento.É por iso que elaboraron este vídeo e nos propoñen actividades para conseguir entre tod@s erradicar o acoso escolar e aprender que a denuncia das inxustizas é fundamental para lograr cambios positivos.

Revista "A Voz do Salgado"

Aquí tedes o primeiro número do xornal do noso cole: "A Voz do Salgado", elaborado por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, contando tamén neste número coa colaboración do alumnado de 2º de Primaria na entrevista a Mamá Cabra.

 

 

 

 

EU QUERO SER

Eu Quero Ser ....

O pasado sábado 08 de decembro, a Televisión de Galicia emitiu o programa Eu Quero Ser  dedicado nesta ocasión a nosa cantante Sés.

 

 Parte do programa gravouse o curso pasado no noso centro e participaron tanto alumnos como profesores xa que Sés estudiou neste centro.

No seguinte enlace podedes ver online este programa.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/eu-quero-ser-1

VISITA Á LONXA DE VIGO

Os nenos de 4º de primaria realizaron unha excursión á lonxa de Vigo para aprender máis sobre o mar, a pesca e os distintos alimentos. Despois de participar no obradoiro " O sabor da aventura está no mar" que se realizou no colexio, poideron completar a súa formación con esta visita. 

TRABALLANDO COAS FROITAS

Adaptamos materiais de froitas para traballar contidos cos nenos a través de pictogramas e tamén as manipulamos para que as poidan identificar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut