Skip to Content

Infantil visita o MOBI

O 27 de marzo, os estudantes de 5º e 6º de Educación Infantil tiveron a oportunidade de realizar unha emocionante excursión ao Centro Integral da Mobilidade (MOBI), unha iniciativa innovadora na cidade da Coruña que foi inaugurada pola alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz Gallego. Neste moderno centro, puidemos aprender sobre a evolución das tecnoloxías e como a intelixencia artificial e o big data están a cambiar a forma en que xestionamos a mobilidade urbana. O MOBIofrece unha plataforma única de xestión global que permite tomar decisións en tempo real e facer proxeccións futuras en materia de mobilidade, todo vinculado ao control de emisións ambientais.

No MOBI, os estudantes puideron ver en acción diversas ferramentas tecnolóxicas, desde sistemas de regulación semafórica ata dispositivos para controlar estacionamentos indebidos e zonas peonís. A colaboración entre a Unidade de Tráfico, o Servizo de Mobilidade e a empresa ALUVISA asegura que o centro conte coa mellor tecnoloxía e especialistas para manter a cidade en movemento de forma eficiente e sostible.

Previa a esta visita veu ao noso centro un policía municipal que nos preparou a visita e explicounos aspectos importantes en relación a como debemos comportarnos cando andamos pola rúa. Tamén trouxo un vehículo da Policía Local para que o puideramos coñecer por dentro.

Esta emocionante visita ao MOBI permitiu aos estudantes comprender de primeira man como a tecnoloxía pode mellorar a calidade de vida nas nosas cidades e promover unha mobilidade máis segura e eficiente para todos.

 
 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)



page | by Dr. Radut