O alumnado de 2º, visitaron o museo científico, "Casa das Ciencias" e o seu Planetario. Participaron nas actividades das exposicións que son de carácter interactivo, manipulando e experimentando de maneira activa, para tratar de comprender ou experimentar por se mesmos os secretos da Física. No Planetario, desfrutaron dunha actividade espectacular onde coñeceron datos curiosos da nosa galaxia e Universo.