O alumnado de 6º participou na actividade "Esías no Tempo". Este programa busca dar a coñecer o patrimonio da cidade e desenvolver un sentimento de pertenza local entre o alumnado dos centros educativos. Ao mesmo tempo, pretende fomentar o papel educativo da cidade como un espazo xerador de experiencias e de memoria compartida. Nesta ocasión o alumnado coñeceu a contorna do centro e como se desenvolveu ao longo do tempo.